DESCRIPCION DO PROGRAMA
Coincidindo coa elaboración dos vindeiros orzamentos municipais para o ano 2023, o Concello de Cambre pon en marcha por 6º ano consecutivo, o Proceso de Participación Pública “Decidámolo Xuntos” co obxectivo de coñecer as demandas e propostas que ten a veciñanza para mellorar o seu benestar e o da súa comunidade.
A intención do goberno municipal é canalizar todas as propostas achegadas pola veciñanza co fin de orientar do mellor xeito posible os investimentos nos orzamentos 2023.
As propostas poderanse realizar ata o día 18 de Outubro.
Para achegar propostas, activáronse varias canles de participación:
- 1. Levaronse a cabo encontros coas Asociacións Veciñais de cada parroquia para coñecermos de primeira man as demandas prioritarias da veciñanza. Alí recolleronse as propostas de cara aos vindeiros orzamentos.
- 2. Na páxina web decidamoloxuntos.cambre.es habilitouse un formulario que podes encher coas túas achegas e demandas.
- 3. Mediante o formulario que o Concello enviou a cada domicilio de Cambre e que unha vez cuberto podes entregalo a través das seguintes canles:
- Os buzóns que hai habilitados nos centros sociais de cada parroquia.
- En calquera dos tres rexistros municipais.
- Por correo electrónico a decidamoloxuntos@cambre.org
Todas as propostas presentadas serán posteriormente avaliadas polos equipos técnicos municipais competentes para analizaren a súa viabilidade e validez –isto é, se son propostas de investimento-.
Tras este período de avaliación, terá lugar a fase de votación, entre os días 29 de outubro al 7 de novembro. Nesta, poderás votar por aquelas tres propostas que che parezan máis interesantes por orde de prioridade, outorgando 3, 2 e 1 puntos, respectivamente. Aquelas propostas que reciban máis apoios poderán ser incluídas nos orzamentos municipais da anualidade 2023.
Para calquera dúbida, podes contactar mediante correo electrónico ao decidamoloxuntos@cambre.org ou chamando ao 679.499.868.